Ven a coñecernos

A Mariña Lucense, ao norte da provincia de Lugo, á beira do Mar Cantábrico, é un dos lugares mais versátiles, inexplorados e sorprendentes de Galicia.

A súa costa e interior e un clima suave, conforman un destino ao que viaxar con calma a través de vilas históricas, praias paradisíacas e sorprendentes paisaxes encravadas en pleno norte peninsular.

Un territorio diverso e auténtico para visitar en calquera época do ano, de xente hospitalaria, que destaca polo seu patrimonio natural e cultural, a rica e variada gastronomía e a tranquilidade.

Invitámoste a descubrir cunha mirada pausada e intensa esos detalles pequenos e variados que definen a este territorio e fano diferente: Descubre A Mariña Lucense. Vive o norte de Galicia.

Onde ir

Mancomunidade de municipios
Logo Mariña Lucense - Mancomunidade de municipios

Administración pública de carácter supramunicipal constituida no ano 1983 para xestionar unha serie de servizos e proxectos de forma conxunta. Está integrada polos seguintes dezaseis concellos: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Burela, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Riotorto, Trabada, O Valadouro, O Vicedo, Xove e Viveiro.