QUE É UNHA SEDE ELECTRÓNICA

O tamén coñecido como portal do cidadán, é un espazo web que serve como porta de acceso a toda a información e servizos en liña que a Mariña Luguesa pon a disposición da cidadanía, en cumprimento coa Lei de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (LAECSP).

Para acceder, só é necesario entrar na súa respectiva sede. Unha vez alí xa poderá comezar a realizar as súas xestións moito máis comodamente.

UN ESPAZO SEGURO

A seguridade é clave neste proceso, por iso para realizar calquera trámite terá que identificarse primeiro co seu DNI electrónico, que deberá introducir no lector de DNI conectado ao seu equipo.

UN SINFÍN DE POSIBILIDADES

Descubra as posibilidades que lle ofrece e a comodidade de relacionarse co seu concello a través de internet, sen colas, nin esperas e con toda a información ao alcance dun clic. Ademais, os cidadáns da Mariña Luguesa beneficiaranse da mellora que implica a xestión electrónica de expedientes, como, por exemplo, a redución dos tempos de tramitación e a racionalización nos procesos.
PENSANDO NO CIDADÁN

A Mancomunidade Mariña Luguesa creou un espazo pensando en vostede. Maior comodidade e unha gran eficacia en todas as súas xestións e trámites municipais.

Gañará tempo, ademais de evitar desprazamentos innecesarios e gozará dunha maior calidade dos servizos públicos prestados por medios electrónicos.

Todo isto, rubricado coa garantía habitual que o seu Concello lle brinda.

ELES XA SE MODERNIZARON

DE QUE CONSTA?

CATÁLOGO DE TRÁMITES
Accedendo a esta pestana, poderase informar de todos os trámites posibles que pode realizar co seu Concello.
CONSULTA DE EXPEDIENTES
Poderá coñecer o estado de calquera expediente que se estea tramitando no Concello. Bastará con que acceda a esta opción e se identifique co seu Certificado/DNIe.
TABOLEIRO DE ANUNCIOS
En tan só un clic, terá acceso a toda a información que o Concello pon á súa disposición.
BUZÓN ELECTRÓNICO
Acceda ó seu buzón electrónico persoal no que recibirá notificacións electrónicas con plena validez legal, deixando constancia da transmisión e recepción, das súas datas e do contido íntegro de todas as comunicacións.
ACCESO
Poderá identificarse co seu Certificado ou DNIe, utilizando un lector de tarxetas e introducindo o seu PIN persoal.
PERFIL DE CONTRATANTE
Poderá acceder aos expedientes de contratación do Concello (ofertas, adxudicacións…)
QUEIXAS E SUXESTIÓNS
Axudaranos a mellorar aportando as súas queixas e suxestións.
VERIFICAR
Tan só inserindo o nº de código de barras dos documentos asinados de forma electrónica, poderá verificar a súa autenticidade.